FORO DE OPINIÓN
Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Ourense
Publicado por Francisco a las 17:26 3 comentarios
Publicado por Francisco a las 13:26 3 comentarios
O Grupo Municipal Socialista dende hai 4 anos está a denunciar ante a cidadanía a situación de irregularidade urbanística que vive o Concello da cidade. A institución municipal atravesa serios problemas económicos, que non impediron enriquecerse a uns poucos, gracias á especulación urbanística: o regalo do 10% do aproveitamento urbanístico, as recalificacións de Tabarés, da Finca de Mariñamansa, da Deputación, das Burgas, en Marcelo Macías…, hai moitas máis actuacións que todos sabemos.
Publicado por Francisco a las 15:02 9 comentarios
Eduardo Madina Muñoz, diputado do PSOE por Vizcaya e víctima da banda terrorista ETA, visitou Ourense para falarnos da realidade política do País Vasco. Diante dun Centro Sociocultural de Caixanova ateigado de xente foi presentado por Laura Seara, secretaria de igualdade do PSdeG-PSOE e amiga de Eduardo Madina. A súa presentación chea de cariño e admiración quedouse curta para o brilante relato dialéctico que iamos a escoitar despois. Foi sen dúbida unha das conferencias políticas máis interesantes e concluintes dos últimos tempos nesta cidade.
O discurso do noso compañeiro Eduardo calou fondo en todos os que alí estabamos, mulleres, xóvenes, maiores,… A súa impecable descripción histórica, económica e política apoiada en paralelismos literarios e en anécdotas persoais fíxonos comprender dun modo fácil algo tan difícil e enrevesado como é o tema político e a orixe do conflicto no País Vasco.
Por outra banda, Eduardo fixo fincapé no uso da razón e non do corazón para a defensa dos ideais políticos, manifestou a necesidade de diálogo e unión de tódalas forzas políticas para acabar co terrorismo nun momento no que o fin da violencia de ETA está moi cerca, e no que a algúns isto é o que máis lles preocupa e utilizan o tema con fins meramente políticos.
Neste momento tan difícil para toda a sociedade española, envolta nun clima de crispación política que pode chegar a desembocar noutras fontes de violencia, é un pracer disfrutar da testemuña dun político que loitou co único argumento da razón polos ideais socialistas, que se enfrontou de cara contra o terrorismo de ETA, que nunca aproveitou o victimismo para que o seu discurso fose máis creible e que ten unha visión moi obxectiva e válida da problemática do conflicto e a súa resolución.
Noraboa Eduardo, agardamos que volvas a Ourense moi pronto.
Publicado por Francisco a las 14:19 6 comentarios
Unha das apostas do Grupo Municipal Socialista de Ourense para o seu programa electoral será a creación dunha Empresa Municipal de Urbanismo, Vivenda e Solo, que xestionará solo, impulsará vivenda pública e incorporará ó Concello unha xestión profesional e transparente do urbanismo en Ourense, a fin de superar a xestión oscurantista do Partido Popular que, en doce anos non foi quen de crear unha sola vivenda pública, nin un só metro cadrado de solo industrial.
Esta empresa municipal terá coma obxectivo a execución das actuacións urbanísticas e de construcción necesarias para o interese público de Ourense e dos seus cidadáns. Trátase de xestionar con maior eficacia o solo desta cidade, así como de axilizar os proxectos de tramitación, traballando man con man coas empresas de construcción, coas promotoras, cos profesionais, e sobre todo cos veciños. Este proxecto, que xa figuraba no noso programa político do 2003, será un instrumento de xestión urbanística municipal similar ó que teñen case douscentos dos máis importantes municipios de toda España, e boa parte das principales cidades de Galicia.
Esta iniciativa permitirá abordar a rehabilitación, remodelación, dotación de servicios, instalacións e equipamentos públicos ós barrios, actuacións urbanísticas e de construcción, redacción de plans parciais, actuacións de planeamento, así como crear solo urbano para uso residencial, terciario e industrial, impulsar vivenda pública e xestionar o aproveitamento urbanístico e o patrimonio municipal do solo.
Para poder desenvolver este proxecto contarase cun nutrido grupo de profesionais do sector, entre os que se atoparán arquitectos, enxeñeiros, aparelladores, etc., vinculados laboralmente á nova empresa.
Publicado por Francisco a las 17:40 4 comentarios
Publicado por Francisco a las 17:34 2 comentarios