FRANCISCO RODRÍGUEZ E O CANDIDATO SOCIALISTA DE BARBADÁS SOLUCIONARÁN O PROBLEMA DOS ACCESOS Ó CENTRO COMERCIAL
O candidato socialista á Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, e o seu homólogo en Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, lembraron que fai máis de dous anos que o centro comercial pagou o Concello de Ourense 900 millóns das antigas pesetas para facer os accesos a esta gran superfície e ainda nin os empezaron. Para Xosé Carlos Varcalcel: “quenes máis sufren esta situación son os veciños da Valenzá na súa vida cotiá”.
Dende o Grupo Municipal Socialista de Ourense presentáronse varias preguntas ó goberno popular interesándose por esta demora. O actual goberno excusou a súa tardanza primeiro pola modificación do plan, e despois polas dificultades das expropiacións: “non é creíble porque a modificación xa está feita, e as expropiacións cando interesan ben rápido que se fan” engade Francisco Rodríguez, quen se resignou e será él quen dende o futuro goberno de Ourense levará a diante estas obras, “xa que agora non interesan, porque non é rentable electoralmente”.
Pola súa banda, Xosé Carlos Valcárcel resaltou que as caravanas, e as retencións están provocadas polas desidias de ambos rexidores, que pertencen ó mesmo partido, ó PP. Xosé Carlos Valcárcel explicou que “o Sr. Freire como vive en Ourense e non sufre este problema na súa carne, nada lle importa as demoras que dia trás dia viven os seus cidadáns”.
Os candidados socialistas ás Alcaldías de Ourense e Barbadás comprometéronse a traballar conxuntamente nos futuros gobernos das súas cidades, “non só en esta cuestión puntual, senón tamén en ámbitos que afectan ós veciños como son o transporte supramunicipal, que ainda está sen resolver; así como en cuestións de saneamento” asegura Francisco Rodríguez quen se comprometeu a que “a partir do 27 de maio haberá un traballo conxunto institucional e persoal entre ambos mandatarios”.

3 comentarios:
Xosé carlos valcarcel,eres un tio cojonudo,ojalá gañes a alcaldia en barbadás,ainda que está dificil,porque o que hai tamén é un peixe de cuidado.DENDE LOGO A CAMARILLA DOS DO PP DEBERON ESTUDIAR TODOS NA MESMA ESCUELA.
Varcarcel, no tienes nada que hacer, menudo marrón que llevas encima.
Espero que por lo menos saquéis 1 concejal en las municipales por Barbadás.
Suerte primo...para hoy!!!!!!!!!
desde Bos Aires...
Cristina
Publicar un comentario