FRANCISCO RODRÍGUEZ REUNIUSE COS REPRESENTANTES DAS 13 ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS AFECTADAS POLOS PROBLEMAS NA RÚA MARCELO MACÍAS
Representantes das asociacións de veciños: Anacos da Cidade, Polvorín, Carlasca, Fonsillón, Cabeza de Vaca, Finca Fierro, Piñor, Parada de Piñor, As Lamas, Barbadás, Bentraces, Loiro, e a Asociación de Pensionistas e Xubilados Fonval reuníronse este venres comigo na Oficina do Candidato para falar sobre a situación das obras na Rúa Marcelo Macías. Os veciños trasmitíronme a súa preocupación pola falla de concreción nas obras do ensanchamento da ponte desta rúa. Pola miña parte, fíxenlles chegar a ratificación de que o Ministerio de Fomento xa incluiu nos seus orzamentos de 2007 a obra de ensanchamento da ponte de Marcelo Macías, e que no primeiro semestre deste ano adxudicarase. Tamén aproveitei para explicar que este orzamento acolle, ademais, a licitación e adxudicación, durante o primeiro semestre, das melloras na Avenida de Santiago e do acceso ó Polígono de Coiñás.
Os representantes veciñais das trece asociacións que asitistiron á reunión: Miguel Doval, de Anacos da Cidade; Luis Rodríguez, de Fonval; Arturo Rodríguez, de Carlasca; e Lourdes Paz, de As Lamas, aproveitaron esta visita para falar da súa preocupación polo retraso nas obras que realiza a Consellería de Política Territorial nesta rúa. Neste senso, expliqueilles que segundo me informou o delegado provincial en seis ou sete días os traballadores rematarán co perforamento da rúa, que quizais neste momento é o máis molesto. Ademais comprometinme cos veciños a estudiar a posibilidade de abrir un novo vial, paralelo ó río Barbaña, e que descolapsaría de tráfico Marcelo Macías.
1 comentario:
A ver se arreglades esta rúa porque da asco como está, ir a mercar o Carrefour por ahí é peor que pasar por un campo de minas, non me extraña que se caia xente e que se fastidien os coches, e un autentico perigo.
Traballade por iso porque os veciños desta rúa podemos ser calquera de nós, e a todos nos afecta dun ou doutro xeito
Gracias
Publicar un comentario