VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

viernes, 5 de enero de 2007

IRREGULARIDADES NA CONCESIÓN DO SERVICIO MUNICIPAL DE LIMPEZA

Dentro do longo historial de irregularidades do actual goberno municipal de Ourense, sumamos e seguimos. A finais do 2006, O Concello de Ourense, sen ningunha razón aparente, ou máis ben coa excusa dunha razón de interés público, remataba a concesión do Servicio de Limpeza, despois de habelo prorrogado ilegalmente. ¿Que oscuros intereses persiguen os populares en Ourense? Amarrar unha nova concesión por dez anos máis en visperas dunhas eleccións que van a perder a pulso pola súa mala xestión, e o engano continuado os ourensáns. Pero como non poden deixar colgados os seus amigos convocan novo un concurso-farsa en vísperas das eleccións municipais do 2007, vulnerando os principos de libre concurrencia e igualdade que deben presidir tódolos concursos de servicios públicos. O Partido Socialista espera ter a responsabilidade de gobernar a partir da primaveira do 2007 e convocará un concurso público legal e transparente para a concesión dun servicio tan importante como a limpeza municipal, garantindo as melloras que urxe afrontar en moitos barrios e núcleos rurais de municipio. Neste concurso, os socialistas garantimos, ademáis, que dentro dos principios de igualdade e libre concurrrencia, as empresas ourensáns e galegas terán preferencia.

No hay comentarios: