VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

jueves, 4 de enero de 2007

OS SOCIALISTAS OURENSANOS PROPOÑEN A CREACIÓN DUNHA “COMISIÓN DE VIXIANCIA E CONTROL DA CONTRATACIÓN PÚBLICA”

O Grupo Socialista no Concello de Ourense ven reclamando, dende o principio da lexislatura, a formulación de principios de actuación, adopción de medidas e a articulación de mecanismos de control que permitan garantir a transparencia da xestión pública no seu conxunto, así como a limpeza, equidade, obxectividade e eficiencia na xestión económica e orzamentaria da Corporación Local.
O longo dos últimos doce anos, e de xeito máis intenso durante a última lexislatura, o Goberno Municipal do PP, baixo a dirección do Alcalde e coa decidida colaboración dos concelleiros responsables de Urbanismo, Infraestructuras, Comercio e Persoal, entreoutros, , ven protagonizando unha xestión oscurantista, discrecional e falla de transparencia, que ten producido escándalos tan graves como a recalificación da parcela de Xardín das Burgas, o desfalco do Pavillón dos Remedios, a condena xudicial ó Concello por non pagar obras adxudicadas a dedo e de palabra como as do campo de Hockey de Mariñamansa, a contratación e despido irregular de persoal, ou a paralización de numerosas obras postas en marcha polo Concello sin seguir os procedimentos legais e sin permiso dos organismos responsables.
En materia de xestión económica e orzamentaria, as institucións de control como o Consello de Contas censura e advirte da irregular xestión do Alcalde o seu Grupo de Goberno. O Grupo do PSdeG-PSOE ven denunciando reiteradamente, e mesmo o interventor corrobora no seus informes sobre o Orzamento Municipal, a irregular xestión do PP que oculta gastos, contabiliza ingresos ficticios, e incorpora partidas sen precisar seu destino, para cadrar artificialmente un Orzamento desequilibrado e deficitario.
O Grupo Socialista solicitou a través dunha moción a creación con carácter de urxencia dunha “Comisión de vixiancia da contratación pública”, integrada por todos os grupos políticos da Corporación. Naturalmente, o PP votou en contra. Naturalmente, o Partido Socialista constituirá esta Comisión de vixiancia nos primeiros meses dende a constitución do futuro goberno municipal dirixido por Francisco Rodríguez.

No hay comentarios: