VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

miércoles, 3 de enero de 2007

O CENTRO DE SAÚDE DO COUTO

O candidato socialista á Alcaldía propuxo e asumiu como un compromiso persoal en vísperas das últimas eleccións autonómicas, a construcción dun centro de saúde no barrio de O Couto. Desde entón, Francisco Rodríguez realizou numerosas xestións con representantes da Xunta de Galicia, e impulsou numerosas iniciativas no Pleno do Concello para facer realidade a construcción urxente dun Centro de Saúde no barrio de O Couto, que paliara o importante déficit de equipamentos e servicios sanitarios, acumulado durante os últimos anos de goberno da dereita nunha zona de gran crecemento e proxección en Ourense.A estas alturas, o Centro de Saúde de O Couto, que conta xa co compromiso e a dotación orzamentaria da Xunta, sigue parado pola incapacidade do PP de por a disposición do Goberno de Galicia un solar municipal libre de cargas e de litixios. A carencia de solo público, producto da xestión urbanística caciquil e insolvente do candidato do PP Enrique Nóvoa, non só dificulta a construcción do Centro de Saúde do Couto, senón que está frenando importantísimas inversións da Xunta de Galicia en Ourense.

No hay comentarios: