VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

miércoles, 24 de enero de 2007

A CONSELLEIRA DE SANIDADE ANUNCIA QUE O VINTEÚN TERÁ CENTRO DE SAÚDE



O Partido Socialista de Ourense invitou o pasado 23 de xaneiro a Conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, a impartir unha charla sobre “Actuacións do goberno galego en materia sanitaria” no barrio do Vinteún. María Xosé Rubio aproveitou esta conferencia, celebrada no IES Julio Prieto Nespereira, para anunciar que o barrio do Vinteún terá, por fin, o Centro de Saúde que os socialistas demandan dende fai dous anos, ante a pasividade do Goberno Municipal do PP, que ainda está a tramitar a cesións de terreos…¡o único trámite que ten que facer, e para o que leva acumulados dous anos de retraso¡

O candidato socialista á alcaldía, Francisco Rodríguez, que presentou o acto, gabou o compromiso da propia conselleira no Parlamento para que Ourense dispoña tamén dunha sala de hemodinámica, unha reivindicación da nosa cidade que tiña paralizada o anterior Goberno de Galicia, presidido por Fraga. Rodríguez quixo saber de primeira man a situación do Centro de Saúde de O Vinteún, que tanto preocupa ós veciños deste barrio, e como resposta a conselleira de Sanidade amosou a súa vontade de crear dous centros de saúde en Ourense: un no barrio do Couto, e outro no do Vinteún. De feito aproveitou a visita a este barrio para anunciar a redacción do Plan Funcional deste último centro, e agradeceu o interese amosado durante os últimos anos por Francisco Rodríguez e o Partido Socialista para lograr a construcción deste novo equipamento sanitario.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pues yo quisiera dejar constancia de mi opinion sobre el otro centro de salud. El del Couto, estoy de acuerdo en que es conveniente un centro de salud, pero su ubicacion, si al final resulta ser al lado del rio Barbaña, resultaria un desproposito. Supondria que el Novoa Santos y el nuevo estarian a menos de 200 metros en linea recta. Es necesario exigir un emplazamiento mejor.

Anónimo dijo...

estoy de acuerdo ctg, aunque a este ritmo no vamos a tener centro de salud, porque al PP se le da muy mal escoger terrenos, se le da mejor venderlos, jeje y especular con ellos pa venderselos a los constructores, para hacer un centro de salud no, solo si hay que comprar a los votantes de esa zona, hay que venderles la moto.
a ver si cambiamos de gobierno porque estos nos están vacilando cada día más