VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

martes, 23 de enero de 2007

PRAZA DO SAN MARTIÑO

"Rectificar é de sabios”

Rematáronselle as ideas o goberno municipal do PP de Ourense. É comprensible se temos en conta que o seu proxecto de goberno en Ourense está esgotado e non ten máis percorrido que defender os intereses privados que representa. Por eso tivo que recurrir a unha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista fai tres anos, cuia vixencia nos enorgullece. Nesta moción prantexábase o traslado do edificio da Policia Local, así como a modificación puntual do PERI do Casco Histórico, e a convocatoria dun concurso de ideas para remodelar a Praza de San Martiño. Tres anos necesitou o actual goberno para dar vixencia a esta proposta do PSOE de Ourense. Como creadores deste prantexamento queremos ademais participar neste concurso de ideas aportando a primeira, esperemos que non sexa a única. Trátase da proposta de Aurea Soto, arquitecta e edil do Grupo Municipal Socialista en Ourense, que aborda a demolición da escalinata da Catedral e o anterior edificio da Policía Local para construir un novo edificio que pecharía unha pequena praza e, por debaixo, un edificio público que podería albergar dependencias municipais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola, felicidades polo blog.
Quería saber algo máis do voso proxecto, comentaronme que era un deseño bastante bo gustariame saber algo mais.
Unha aperta