VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

lunes, 22 de enero de 2007

UN PROXECTO TERMAL PARA CREAR RIQUEZA E EMPREGO

O Municipio de Ourense dispón dunha riqueza termal singular e única, cuia explotación racional e sostible é básica para contribuir a un desenvolvemento económico da cidade baseado en recursos propios “non deslocalizables”.
A gravísima crise sufrida polos mananciais históricos de As Burgas –como consecuencia directa das actuacións ilegais facilitadas por un convenio urbanístico irresponsable firmado polo concelleiro “popular”· Enrique Nóvoa- pon de manifesto que as actuacións do Goberno Municipal do PP no referente á explotación e posta en valor dos recursos termais de Ourense están supeditadas a prantexamentos de especulación urbanística de empresas privadas favorecidas polo Concello, que, ademáis de manter paralizado o desenvolvemento deste sector estratégico, secaron a Burga nai e poden seguir poniendo en perigo os acuíferos.

O Partido Socialista considera prioritario para Ourense desenvolver un gran proxecto termal para crear riqueza e emprego: Non se trata de seguir facendo charquitas, facer de Ourense a gran capital balnearia de Galicia.
Entre suas prioridades para o futuro goberno municipal, o Partido Socialista encargará unha auditoria dos recursos termais do municipio, dende a localización de todo-los acuíferos e mananciais, ata a cuantificación dos caudales, as características e cualidades minero-medicinais das augas, e as posibilidades de explotación sostible, tanto no termalismo orientado á saude como no orientado a ocio e turismo, e a xeneración de enerxía xeotérmica.
Ourense non pode perder máis tempo na posta en marcha dun ambicioso Plan Termal que, nun máximo de cinco anos e traballando coordinadamente con outras zonas da provincia moi avanzadas na explotación termal como O Carballiño, Laias, Arnoia, Rio Caldo, etc. convirta a provincia de Ourense, liderada pola capital, nunha das maís importantes referencias termais de España e Portugal, e faga da nosa cidade o Balneario de Galicia.
Se o Partido Socialista ten a responsabilidade do futuro Goberno Municipal, o Concello iniciará, no plazo de tres meses, a elaboración dun Plan Director e de Ordenación dos Recursos Termais de Ourense, que permita coñecer exhaustivamente todo-los mananciais e acuíferos do municipio, con toda-las súas características e posibilidades de explotación racional, sostible e planificada; asi como establece-los mecanismos necesarios para unha efectiva protección dos recursos
O Partido Socialista promoverá a colaboración do Concello cos organismos competentes da Xunta de Galicia e do Goberno Central na realización deste Plan Director.

O futuro Goberno Municipal Socialista, en aras a defende-la urxente necesidade de desenvover a zona singular de As Burgas, convertida nunca escombreira polo fracasado convenio urbanístico firmado polo PP no ano 2000, colaborará activamente coa Xunta de Galicia na tramitación do expedente BIC (Ben de Interese Cultural) aberto, cos obxetivos seguintes:

A/ Percurar unha instalación balnearia emblemática e de gran calidade, respetuosa coa configuración e a identidade urbanística da zona, proxectada á escala axeitada en función do entorno e dos recursos termais disponibles, que garanta a non afectación de ningún dos mananciais da zona e non poida afectar en modo algún As Burgas, e integrada nun proxecto de recuperación e rexeneración urbanística integral, incuído a Plaza de Abastos, o entorno da vella Cárcere Provincial, os baños do Outeiro, e o río Barbaña.

B/ Abrir negociacións coa empresa Xardín das Burgas para estudiar solucións racionais e realizables ó problema provocado polos dereitos edificatorios concedidos polo PP a esta sociedade, en base o lamentable convenio urbanístico do 2000.

No hay comentarios: