VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

domingo, 7 de enero de 2007

UN NOVO ACCESO PARA O BARRIO DO CUCO

Os veciños do Barrio do Cuco, situado no tramo final da Avenida de Bos Aires, teñen un único acceso dende a Avenida de Bos Aires consistente nunha pista de uns 100 metros ¡con 35% de pendente!. Unha pendente que non solo dificulta gravemente o acceso dos veciños, en su mayor parte persoas de máis de 70 anos, senón que fai extraordinariamente perigosa a circulación de automóviles e calquiera tipo de vehículo por esta rúa. Ademais é ilegal por canto non respecta as previsións da Lei de Accesibilidade, que fixan a pendente máxima no 10%, previsións que non incorpora nin intenta resolver o PXOM de Ourense.
Diante da inhibición do Goberno Municipal do PP, os propios veciños xestionaron a cesión e rexistro dos terreos necesarios –que poñen a disposición do Concello- para a construcción dunha nova pista, duns 200 metros, que rebaixa a metade da pendente do actual acceso.¡A qué espera o goberno da cidade para realizar o proxecto e adxudicación da obra dentro da partida orzamentaria de “Infraestructuras viarias e perímetro rural”.Un futuro goberno municipal dirixido polo Partido Socialista encargaráse de correxir esta situación coa maior urxencia posible.

No hay comentarios: