VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

lunes, 8 de enero de 2007

O ADECENTAMENTO DA RÚA MANUEL MURGUÍA

Os veciños da rúa Manuel Murguía no barrio do Polvorín sufren o abandono de política municipal. Problemas elementais, como a falla de adecentamento de xardíns ou limpeza, así como a ausencia de rebaixes de bordillo que impiden a movilidade nunha silla de rodas, forzando ás persoas discapacitadas a utilizar os rebaixes dos garaxes e baixando á calzada con grave risco da súa integridade física. É preciso retirar e remplazar adecuadamente farolas situadas inadecuadamente; limpar as rúas, na actualidade invadidas de maleza; instalar papeleiras e adecentar os xardíns nas traseiras dalgúns edificios. O Grupo Socialista presentou varias iniciativas ó Pleno do Concello instando a solucionar estes problemas ante a desidia do Goberno Municipal, pero é preciso insistir. Os barrios son Ourense, e os veciños dos barrios, ourensans de primeira, como os demáis.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estou de acordo coas propostas do PSdeG-PSOE para o barrio de Manuel Murguía, pero ainda fai falta facer moitas máis cousas, entre elas cabe destacar:
Contenedores subterraneos.
Parada autobuses interurbanos con Marquesina
Adecentar beirarrúas, e firme da rúa.
Pequeno espacio de esparcemento para xogo dos xóvenes, etc.