VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

jueves, 15 de febrero de 2007

A PONTE SERÁ A FUTURA ESTACIÓN CENTRAL DE GALICIA

A Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Xosé Caride, acudiu o pasado 14 de febreiro ó barrio de A Ponte para falar sobre “As infraestructuras no futuro de Ourense” . Durante esta charla na que participei coma presentador e moderador quixen destacar que “A Ponte é un dos barrios máis importantes da nosa cidade, e que conta cunha importante historia vinculada ó ferrocarril. A chegada do AVE a Ourense e, en concreto A Ponte, dinamizará económica e socialmente un dos nosos barrios”. María Xosé Caride asegurou ós veciños que a Estación de Ferrocarril Empalme albergará a chegada do AVE a esta cidade, a cal “marcará unha nova etapa dos nodos de transporte e contribuirá decisivamente a incrementar as posibilidades de desenvolvemento do país” segundo engadiu a Conselleira, que ademais manifestou que “cómpre coidar a localización da estación do AVE en Ourense, que debe ter como característica principal a súa centralidade e intermodalidade”. A chegada do AVE a Ourense será unha realidade en cinco ou seis anos, posibilitando un futuro mellor e de máis calidade os seus cidadáns. Para a Conselleira de Política Territorial: “Ourense pola súa situación xeográfica convértese en porta de entrada, marcará unha nova etapa dos nodos de transporte e contribuirá decisivamente a incrementar as posibilidades de desenvolvemento do país”

Durante esta reunión cos veciños da Ponte, María José Caride explicou que a súa consellería está neste momento “a executar o treito da autoestrada Santiago-Ourense, comprendido entre Dozón e a Cidade das Burgas, que ten previsto un orzamento de 97,8 millóns de euros”. Ademais, a Conselleira destacou o esforzo que dende o seu departamento se está a facer co obxectivo de completar o cinto de circunvalación de Ourense. Neste ano está previsto iniciar o treito Rairo-Bemposta, cun orzamento previsto de 2,8 M. de €: “quedaría un treito, o de Bemposta-N-525, para completar o cinto de circunvalación de Ourense, que permitirá canalizar o tráfico procedente da Autovía das Rías Baixas A-52, e da N-525 por fóra do casco urbano, o que mellorará as condicións de seguridade viaria dos usuarios, minorará os tempos de conexión, e desconxestionará o centro da cidade de tráficos pesados de tránsito” asegurou a Conselleira. O treito Bemposta-N-525 está en fase de redacción neste momento.

AVANCE DO PROGRAMA SOCIALISTA PARA O BARRIO DE A PONTE

Quixen aproveitar a visita ó barrio de A Ponte para avanzar, a través dun boletín elaborado polo PSdeG-PSOE de Ourense, as liñas mestras do programa electoral socialista. Quero destacar que como home de barrio que son, nestes districtos é onde se desenvolve a maior parte da vida dos cidadáns. Por iso, dende o Partido Socialista de Ourense apostaremos por unha rexeneración dos diferentes barrios da cidade, e por unha ampliación dos seus servizos. Non, por iso, descoidaremos o centro da cidade que, ó fin e ó cabo, é a nosa carta de presentación. Entre as apostas para A Ponte destacarei: a creación de vivenda pública, con 500 vivendas de protección autonómica; a remodelación do campo da feira; a creación dunha escola infantil municipal e ludoteca, que se atopará dentro dunha rede municipal de garderías nos diferentes barrios de Ourense; un aparcadoiro no corazón de A Ponte, concretamente debaixo da Praza de Abastos e cunha capacidade para 200 vehículos: e un gran boulevard na Avenida de Santiago, cun túnel que liberará a parte de enriba de tráfico para adicala a zona comercial, zona verde e de paseo. Pouco a pouco presentaremos nos diferentes barrios de Ourense, ós que visitaremos un a un para falar da súa problemática, as liñas mestras previstas para cada entorno desta nosa cidade, porque o noso programa irá barrio a barrio.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

hola,el blog esta cojonudo,es una buena forma de comunicación,teniais q haberlo hecho antes y darle más auge porque le da criterio a un partido al ser un medio donde la gente expresa su opinión y ve los proyectos del partido.la verdad es q en orense hace falta un cambio de tendencia politica pero para eso hay q demostrarlo mediante proyectos serios y necesarios de la ciudad y demostrar tb q hay un digno candidato q no se asemege al del actual regidor o al del candidato y digo eso porq para mi un buen candidato es alguien q deposite confianza en la gente y estamos carentes de eso y mire por la ciudad.Respecto a lo del AVE,espero q si esto cambie todo esto no quede en palabras y humo y se haga to lo posible para q llegue de una vez porq es vital para el desarrollo de nuestra ciudad.un saludo
17 de enero de 2007 18:40

Anónimo dijo...

Felicides polo blog,a verdade e que esta ben.A miña opinión sobre AVE sencillamente é que on sei nada do AVE,todo o mundo fala do AVE pero ninguen dice exactamente por donde vai a ir o ave,que vai por arriba de que si vai por abaixo,que para no puente que si para en taboadela,que si chega no 2012 ou si no 2020,a verdade e que hay que ser un pouquiño serios,porque o tema ven o require,estamos a falar da millor infraestructra de comunicacións que chegara a galicia dende fai seculos e todo se vasa en especulacións, esto e dun ben xeral e importante e todo_los partidos deberian unir forzas en vez de facer de esto politica pra alcanzar o poder.Quero felicitaros porque creo que hay un bo candidato,proximo os cidadáns e co cal se pode alcanzar a alcaldia,a verdade e que parece un tipo serio as veces un pouco brando co goberno municipal,tedes que pensar que si se goberna eles no van a ser,gustariame que gañarades pero tedes que traballar arreo.SORTE,UN SALUDO
17 de enero de 2007 19:54

Anónimo dijo...

Pero que nos contas ti da ponte?

A os pontinos de verdade, de anos, non nos veñas con vaguedades e obviedades, paco, busca realmente un bo equipo, que o que fixeches coa lista... Non e nin coñecido, nin de prestigio social, tal e como dixeches que farias...
Dame a impresion que te rodeaches dunha lista de amigos avidos de cobra-las dietas do concello

Anónimo dijo...

Ti, amigo, me parece que nin es da Ponte,nin es do partido, nin es obxectivo e non sabes da misa a metade. Se queres facer campaña por non ir ti nas listas faina noutro lugar pero sé obxectivo e fala do que sepas

Anónimo dijo...

Pero que nos contas ti da ponte?

NON SEI SE TI ERES DA PONTE,PERO PACO LEVA 35 ANOS VIVINDO ALI,NON ME PODE DRER A VECES ESTE TIPO DE COMENTARIOS,E RIDICULO

Anónimo dijo...

PACO, A PONTE ESTA CONTIGO
Xa o sabes
Onte, hoxe e sempre