FRANCISCO RODRÍGUEZ PRESENTA A SÚA CANDIDATURA CUN 45% DE RENOVACIÓN
A lista socialista aposta pola paridade e pola incorporación de profesionais de diferentes sectores
A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE en Ourense en sesión extraordinaria, e a Asamblea Xeral extraordinaria aprobaron a principios de febreiro a candidatura proposta polo secretario xeral e candidato á alcaldía, Francisco Rodríguez, para as eleccións municipais en Ourense do vindeiro mes de maio. Dita lista está integrada, dos postos un ó catorce, polos seguintes compañeiros e compañeiras:
1. Francisco Rodríguez.
2. Ana Garrido, profesora do Instituto Eduardo Blanco Amor.
3. Agustín Fernández, economista.
4. Aurea E. Soto.
5. Demetrio Espinosa, enxeñeiro técnico.
6. Marga Martín.
7. Antonio Rodríguez.
8. María Devesa, auxiliar de enfermería.
9. María Quintas.
10. Alfonso Vilacha, profesor de educación física e entrenador nacional
11. Franci Stella Estrada, licenciada en biología
12. Antonio Blanco, profesor de secundaria
13. Mª Teresa Taboada, funcionaria
14. José Ramón Fernández Morgade
Esta lista aposta pola paridade, pero tamén é a vez unha candidatura de renovación e continuidade, pois conta cun 45% de novas incorporacións, entre elas as de candidatos independientes. Quero agradecer públicamente os compañeiros e compañeiras que saen da candidatura para facilitar a renovación imprescindible que todo proxecto necesita para revitalizarse, para adaptarse as novas circunstancias e acadar novos bríos. Trátase dun equipo con prestixio social para gobernar, e con perfiles concretos en diferentes sectores. Esta candidatura acolle a un grupo de mulleres e homes socialmente representativo e comprometido co proxecto político iniciado polos socialistas ourensanos fai catro anos. Un equipo políticamente capaz e técnicamente solvente, para afrontar os grandes retos que esperan a Ourense nos vindeiros anos, cun programa de cambio, dirixido por unha nova maioría social encabezada polo Partido Socialista.
Con este equipo de profesionais quero por o punto e final a 12 anos de goberno da dereita máis rancia e caciquil, e suporá un cambio de progreso. Ourense debe aproveitar o impulso dos gobernos socialistas de Galicia e de España, para crecer dende a colaboración institucional e non dende o enfrontamento.
7 comentarios:
alguien puede contarme quienes son y a que se dedican el numero 2 y el 3? El numero 5 es cojonudo, no porque sea hermano de la ministra sino porque es un crack, lo conozco yo personalmente y me alegro de que paco haya contado con él, extraordinario va a hacer un gran trabajo.
eu son o número 15 da lista de paco, síntome un pouco fora de lugar, triste, desolado, non aparezo por ningun lado,e eso que lle chaman a "niña bonita", jajaja. Con esta lista gañarás Paco. Un saúdo a todos
oes pailan o irmau da menistra non e licenciado en perito agricola será DIPLOMADO.
Si o ser hirmau da ministra e o mellor mérito que ten. A lista e caralluda vai encabezada por un parvelas de 3ª rexional. Pode estar tranquilo o Poly.
amigo este blog non esta para insultar a ninguén,e menos un mameluco que insulta e non pon quen é,se tes huevos da a cara.E explicanos que razóns tes para decir iso.
Pero que credibilidade ten ise tio se non sabe nin escribir,será algún que queria ir na lista ou de candidato.Dende logo hai de todo nesta vida.Apename moito todo isto
En fin, sobran as palabras para responderlle a este anónimo, amigo, seguramente ti nin tes unha carreira profesional nin ninguén da túa familia é nada, porque senón non me explico que tanta envexa desprendan os teus comentarios. Paco é unha persoa estupenda, se o coñeceras non dirias o mesmo, ás persoas cátanse logo, ti está claro que es un maleducado e o mellor deberías pensar que o mais parvo es ti
Publicar un comentario