TOURIÑO APOIA A CANDIDATURA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, reuniuse o pasado 21 de Febreiro na Oficina do Candidato cos integrantes da candidatura socialista en Ourense. Trala breve reunión manifestou que o candidato á Alcaldía de Ourense “conta cun magnífico equipo que liderará o proxecto de cambio, renovación, transformación e impulso nesta cidade”. Rodríguez falou dun proxecto político baseado en servicios públicos e sociais, na creación de emprego e solo industrial, no fomento da vivenda social para os xóvenes, así como convertir a Estación Empalme en nodo de comunicacións de Galicia. O candidato á Alcaldía de Ourense confesou que “temos a ilusión e a profesionalidade suficiente para gobernar esta cidade”. Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño gabou a candidatura socialista para Ourense, pois “reflicte a cidade, a súa puxanza… É un magnífico equipo con capacidade de conectar e representar os seus cidadáns. Nesta proposta política temos depositadas todas as nosas esperanzas”.
O presidente da Xunta asumiu a demanda do candidato á Alcaldía de Ourense para tratar de recuperar o edificio do Banco de España desta cidade, ó que calificou de “emblemático”, con outros fins, ademais dos de catastro municipal.
E en clave de futuro, o presidente da Xunta presentou a Ourense coma unha cidade atractiva para desenvolver proxectos de I+D+i. “Dotaremos á cidade de solo industrial, dunha completa rede de infraestructuras, apostaremos polo emprego, a vivenda e o transporte público. Xuntos aceleraremos a chegada do AVE, e a conexión directa con Vigo” explicou Pérez Touriño. O presidente tamén anunciou a aprobación do Plan de Reequilibrio Territorial para o 2007-2013 e a resaltou o eixo Ourense-Vigo coma unha aposta de futuro para a cidade.
12 comentarios:
Que barbaridad, yo no diria exactamente eso, aunque solo sea porque no tengo ni puta idea de lo que significa
A ver si e verdad que nos apoias Touriño?
de todos modos, arriba paquiño, tes boa lista, digan o que digan, hay xente cojonuda e co apoio na xunta e en Madrid, telo chupao
Lista mala, candidato dudoso, telo claro paquiño...
Mala é unha lista, que conta con xente tan brilante coma Agustín Fernández en tributación, coma demetrio espinosa en medio ambente, coma aurea soto en urbanismo e marga martin no social, por nomear alguns. Sen olvidar a Paco, unha gran persoa, honesta e traballadora. O mellor confundes brilante con nefasto, espero que cando paco sexa alcalde digas o mesmo, amigo
ja, ja, ja
Y esos mirlos blancos son los que nos van a llevar a ganar en las urnas, particularmente yo y la ciudadania de a pie no los conoce de nada. Por cierto, esa lumbrera que mencionas en urbanismo no es el hermano de la ministra?
Y luego decimos que el PP hace nepotismo
Vamos a ver....
1º O das listas non é que non a coñeza nadie,porque a a que lle chamas coñecido ti??? que queres un alonso ou un Ronaldinho na lista??? hay moita xente que van nas listas do PP e na do BNG e tampouco as coñece ninguén.
2ºo irmán da ministra non é o de urbanismo é o de medio ambiente,lee ben.
3ºTi mesmo te delatas cando dis que non che gusta a lista,se non coñeces a xente non a xuzges.
Eu penso que dis eso por outros motivos que agora mesmo non veñen o caso,pero bueno....
SAÚDOS
O irmán da ministra resulta ser un enxeñeiro de prestixio recoñecido en toda a provincia de Ourense, e que ten feito grandes obras en moitos municipios para a túa información, a parte de ser o dono dun estudio de enxeñería moi afamado aquí en Ourense, para que te centres un pouco, así que se para ti está aí por ser irmán de quen é, a min daríame igual porque polo menos o tío en medio ambiente está moi preparado máis que algún outro por aí e que a parte parece un tío llano e honesto.Para min é un gran acerto, igual te tes que tragar as túas palabras en non moito tempo, amigo.
eu son das que penso que o equipo é bo, dende hai 4 anos sei que se está a traballar moi duro, e os novos reforzos gustanme en xeral, o numero 3, o irmán da ministra,a unica que non me acaba de cuadrar é a profesora. Que por certo, lle deu clases a meu fillo no colexio, é que espero que se lle de mellor a politica que a ensinanza, e sobre todo que sexa honrada e traballadora, que iso é o mais importante.
Un saúdo a todos
ana garrido, independente de prestixio, ja ja
ALGUEN ME PODE DICIR QUEN E ANA GARRIDO¿¿??
Es una profesora que da clases en el blanco amor
ana garrido é unha comunista de centro
Publicar un comentario