VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

miércoles, 28 de febrero de 2007

UN NOVO COLEXIO PARA A ZONA DE BARROCÁS-OS ROSAIS

Francisco Rodríguez presentou a través dunha moción no pleno do 2 marzo a solicitude de creación dun Centro Educativo Público na zona de Barrocás-Os Rosales. O Grupo Municipal Socialista pediu ó Concello de Ourense iniciar o trámite para a cesión dunha parcela de 7.887 m2, situada no Sector A-6 e catalogada como equipamento no PXOM, á Consellería de Educación para axilizar a construcción deste Centro de Educación Primaria. E aproveitou a ocasión para presentarlle ós veciños de Barrocás-Os Rosales-O Pombeiro a iniciativa de construcción dun novo Centro Educativo Público neste barrio.
Con este proxecto no partido socialista queremos solventar o déficit insostible de servizos e equipamentos públicos que están a sufrir os barrios ourensáns. Na miña opinión, a área de Barrocás-Os Rosales é unha das zonas que máis desenvolvemento urbano e crecemento poboacional está tendo nos últimos anos. Este crecemento, en cambio, non foi acompañado pola mellora de servicios municipais básicos como o transporte público ou a limpeza de lixo; nin pola creación de novas infraestructuras e equipamentos que permitan ós veciños desta puxante zona de Ourense disfrutar do mesmo nivel de servizos públicos que as zonas favorecidas pola política municipal do Partido Popular..

O escaso número de centros escolares públicos na área Barrocás-Os Rosales-O Pombeiro contrasta co incremento poboacional experimentado, e coas previsións de seguir incrementando residentes nos próximos años, sobre todo parellas xóvenes. Esta situación xenera preocupación e incertidume entre os pais e nais, non só de cara o futuro senón mesmo no presente, porque, xa na actualidade, as necesidades de escolarización da área non se cubren ca oferta educactiva pública existente.

3 comentarios:

toño dijo...

A idea é estupenda,aver simirades polosbarrios non coma os do PP

Anónimo dijo...

espero que tengais suerte.
A partir de mañana, teneis mucho trabajo que hacer.

ama dijo...

THANKS FOR SHARE WITH US....
EXPLORE YOUR MIND