VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

jueves, 1 de marzo de 2007

O PSOE CREARÁ UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE URBANISMO

Unha das apostas do Grupo Municipal Socialista de Ourense para o seu programa electoral será a creación dunha Empresa Municipal de Urbanismo, Vivenda e Solo, que xestionará solo, impulsará vivenda pública e incorporará ó Concello unha xestión profesional e transparente do urbanismo en Ourense, a fin de superar a xestión oscurantista do Partido Popular que, en doce anos non foi quen de crear unha sola vivenda pública, nin un só metro cadrado de solo industrial.

Esta empresa municipal terá coma obxectivo a execución das actuacións urbanísticas e de construcción necesarias para o interese público de Ourense e dos seus cidadáns. Trátase de xestionar con maior eficacia o solo desta cidade, así como de axilizar os proxectos de tramitación, traballando man con man coas empresas de construcción, coas promotoras, cos profesionais, e sobre todo cos veciños. Este proxecto, que xa figuraba no noso programa político do 2003, será un instrumento de xestión urbanística municipal similar ó que teñen case douscentos dos máis importantes municipios de toda España, e boa parte das principales cidades de Galicia.

Esta iniciativa permitirá abordar a rehabilitación, remodelación, dotación de servicios, instalacións e equipamentos públicos ós barrios, actuacións urbanísticas e de construcción, redacción de plans parciais, actuacións de planeamento, así como crear solo urbano para uso residencial, terciario e industrial, impulsar vivenda pública e xestionar o aproveitamento urbanístico e o patrimonio municipal do solo.

Para poder desenvolver este proxecto contarase cun nutrido grupo de profesionais do sector, entre os que se atoparán arquitectos, enxeñeiros, aparelladores, etc., vinculados laboralmente á nova empresa.


Outras das apostas personais de Francisco Rodríguez será a creación do 20% de vivenda de protección autonómica en cada un dos desenvolvementos urbanísticos, tal e como esixe a Lei do Solo e o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense (PXOM). Ó longo dos catro anos da lexislatura, o Partido Socialista comprométese a creación de, cando menos, 500 vivendas públicas en cada un dos distritos Norte, Este e Oeste, nas zonas da Universidade, da Universidade Laboral, no Casco Vello, A Ponte-Vinteún, O Couto-Carballeira, San Francisco- Barrocás, e Mariñamansa.

Respecto ó solo industrial, o Partido Socialista incluirá no seu programa o desenvolvemento inmediato, mediante xestión municipal, do polígono de Santa Mariña, onde o PXOM prevé a creación de 900 mil m2 de solo industrial.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ojalá que ganeis y esta empresa empieze a funcionar porque con la corrupción urbanística que hay en esta ciudad buena falta hace. Felicidades a la concejala de Urbanismo Aurea, me parece la tía más adecuada para devolver la legalidad a esta ciudad en este ámbito.

Pedro Jose dijo...

Hoy con lo que tenemos en el periódico está más que claro que alguien tiene que darle la vuelta a este clientelismo y urbanismo corrupto que es lo que hay en Ourense por parte de los gobernantes. Estoy de acuerdo en que Aurea Soto es la persona más adecuada para este cambio, por eso y por otras muchas razones, mi voto estas elecciones será socialista, mucho ánimo

KAISER dijo...

OURENSE = MARBELLA
URBANISMO = CORRUPCION
PP = PREVARICADORES
CABEZAS = MANSION CO DIÑEIRO DOS OURENSANOS
POLI = PAILÁN QUE ENRIQUECEU A CABEZAS E QUE SE ENRIQUECEU EL
ELECCIONS MAIO 2007 = FIN DO ROUBO A MAN ARMADA DESTES ULTIMOS ANOS
PSOE = LEGALIDADE E HONRADEZ
AUREA SOTO = MARGARET THATCHER ( A DAMA DE FERRO DO URBANISMO )
PACO RODRIGUEZ = ALCALDE

Anónimo dijo...

ME daría un poco de verguenza tener una página donde se alberga tan cantidad de insultos, injurias y descalificaciones contra la gente que piensa de manera distinta a Francisco Rodriguez.
Tal vez en lugar de tanto insulto debería comenzar a explicar la situación de los 29.000 euros que han desaparecido.