VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

viernes, 23 de marzo de 2007

FRANCISCO RODRÍGUEZ INSTA A BALTAR A QUE SE PRESENTE Á ALCALDÍA

Francisco Rodríguez pediu ó Sr. Baltar que deixe de “facer de ventrílocuo do seu candidato, pois para iso xa temos a outro José Luis, o Moreno, que o fai moito millor” e invitouno a que se presente coma candidato polo PP: “se o que está Baltar pretendendo con este candidato mandado é gobernar a cidade, que asuma el a responsabilidade, que sexa honesto cos cidadáns, e que sexa Baltar o que se presente coma candidato. Síntoo –engade- polo actual candidato que, tal vez, leve demasiado tempo sendo o mandado: primeiro de Cabezas, e, agora de Baltar”.

O candidato socialista á Alcaldía de Ourense lembrou a complexa situación que vive o urbanismo en Ourense. Recordou os múltiples problemas que afronta o Concello da cidade en Pérez Serantes, na rúa Bierzo, en Rabo de Galo, na Praza de San Antonio… Francisco Rodríguez insta a que “resolvan os problemas que teñen nas rúas, o da depuradora e que dixen de seguir exercendo na defensa do seu candidato, que xa é maiorciño e listo, que se defenda él”. Francisco Rodríguez lembra que “xa hai demasiadas ilegalidades. Hai que traballar coa legalidade na man. Os alcaldes están para mellorar a vida dos cidadáns, e para crear un escenario atractivo para traer empresas”.

Noutro ámbito, o candidato socialista á Alcaldía de Ourense informou que trala súa resposta ás declaracións do Sr. Baltar recibiu chamadas de apoio de varios alcaldes anteriores do PP desta cidade. “Sr. Baltar se o seu candidato é o mellor de España, terá capacidade suficiente para defenderse só e non esconderse detrás das saias do presidente da Deputación” afirmou Francisco Rodríguez.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Baltar é un cacique, él si que é fascista, e o poly un monigote que quere ser coma el

manuel dijo...

están perdiendo ellos solos las elecciones,seguid así que las elecciones están ganadas, ellos solitos se cubren de gloria,uno porque no habla y otro porque habla demasiado

anti baltar dijo...

Esta moi ven Paco,de vez en cando hai que mandarlle algunha o facha de merda iste,que ÉL si que facha,de todas formas non te despistes é non entres en exceso nestas cousas porque esta xente o non ter argumentos xa sabes o que fan istes porcos de merda.