VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

martes, 13 de marzo de 2007

GRAVES IRREGULARIDADES NA XESTION URBANISTICA DE ENRIQUE NOVOA POLY

O Grupo Municipal Socialista dende hai 4 anos está a denunciar ante a cidadanía a situación de irregularidade urbanística que vive o Concello da cidade. A institución municipal atravesa serios problemas económicos, que non impediron enriquecerse a uns poucos, gracias á especulación urbanística: o regalo do 10% do aproveitamento urbanístico, as recalificacións de Tabarés, da Finca de Mariñamansa, da Deputación, das Burgas, en Marcelo Macías…, hai moitas máis actuacións que todos sabemos.


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense formalizou por escrito no Rexistro Municipal a solicitude dun informe xurídico sobre a legalidade dos negocios urbanísticos privados do alcalde da cidade, Enrique Nóvoa López. Solicitamos o devandito informe xurídico para que o secretario municipal se pronuncie sobre duas cuestións: Primeiro, se a participación do Sr. Nóvoa coma socio e administrador solidario da empresa Galmex, e coma socio de Poensa, ambas adicadas á promoción inmobiliaria, vulneran o Artigo 75 da Lei de Bases de Réxime Local que regula as incompatibilidades dos responsables municipais cando, como ocorre no caso do alcalde, disfrutan de dedicación exclusiva no Concello. Segundo, se as mencionadas participacións e compromisos directivos en ambas sociedades inmobiliarias, incumplen o Artigo 28 da Lei de Procedemento Administrativo Común relativo ó “deber de abstención”, por ser o Sr. Nóvoa López titular da Concellería Municipal de Urbanismo e, polo tanto, responsable directo de trámites administrativos tan importantes como a concesión de licencias, partícipe das decisións e informes da Xunta de Goberno Municipal, ademais responsable político da redacción, modificacións puntuais, informes e xestión do Planeamento da cidade, que define asuntos fundamentais como a clasificación, uso ou edificabilidade do solo.
Por outra banda, e en relación con este mesmo tema solicitamos ó Grupo de Goberno Municipal a convocatoria urxente dun Pleno Extraordinario para a que o Alcalde de Ourense dé unha explicación pública e se celebre un debate xeral sobre a política urbanística desenvolvida polo seu Goberno nos últimos anos.
Ante a repercusión que este tipo de sucesos urbanísticos pode causar na confianza dos cidadáns, Enrique Nóvoa pronunciouse dicindo:
  • No caso do edificio da Rúa Arturo Pérez Serantes, onde se licitaron un total de 60 vivendas e foron construídas 69 e sobre o que terá que declarar ante o xuíz coma imputado: "Non hai aumento de volumen, todo o mundo sabe que nun piso de 160 metros se poden construir dous , como máximo haberá un defecto de forma"
  • No caso da construcción do inmoble de 18 vivendas na Rúa Manuel Murguía por parte dunha das súas empresas inmobiliarias: "Só fixen unha obriña pequena, na que invertin os meus cartos xunto con outros dous socios"
  • No tema da recalificación da parcela ó seu socio Enrique do Río no Barrio do Vinteún: "Se houbo algo, foi sen darme conta"
Para o partido que represento, o PSdeG-PSOE de Ourense, o goberno municipal pasa pola transparencia na xestión urbanística, por impulsar vivenda pública, solo industrial e, sobre todo, por incorporar ó Concello unha xestión profesional e transparente do urbanismo en Ourense, a fin de superar a xestión oscurantista do Partido Popular que, en doce anos non foi quen de crear unha sola vivenda pública, nin un só metro cadrado de solo industrial.

As denuncias da opaca xestión urbanística en Ourense suporán un punto de inflexión no futuro da cidade, teremos que plantexarmos todos cál é o futuro e os gobernantes que queremos para Ourense, que han de ser ser persoas cualificadas e capaces de tal tarefa e contar cunha ética exemplar.

9 comentarios:

cristina dijo...

Penso que está claro que esto iba a ter saída por algún lado, tantas irregularidades urbanisticas que todolos ourensanos coñeciamos e calabamos porque na sociedade que vivimos a corrupción urbanística xa se considera un tema de cachondeo ou de prensa rosa. Agora esperemos que isto chegue a onde ten que chegar a un tribunal de xustiza porque do contrario quedará coma unha minima anecdota, e aínda que este señor está claro que non vai sair alcalde, o caso é que nos roubo ou diñeiro que quixo os ourensans e solucionoulle a vida a toda a súa familia, amigos e socios, a parte de saír impune de tan graves delitos dende o cargo que representa, que está claro que lle vén un pouco grande e lle sentou moi mal, porque un alcalde está para mellorar a cidade non para fundila na miseria, que de feito terá que facer un recoñecemento de deuda do concello en breve, e mentras tanto enriquecerse el.
Agardo que o PSOE leve esto ata o final, non para gañar as eleccions, que xa as ten gañadas, senón para facer xustiza e sacar a Ourense desta patraña, mentira, engano, roubo, corrupción,... En fin, penso que ese é o desexo de todos independientemente do partido co que simpaticen.
Un saúdo
Felicidades polo blog, sen dubida convertistelo nun foro de opinión aberto, sen censura e sobre todo informativo e transparente, que é como deberían ser todos, sobre todo no ámbito político.

pepe dijo...

Presuntas irregularidades urbanisticas......y hoy por la mañana la gente alucinaba.....y yo me pregunto????? que pasa que cabezas se enriqueció porque tiene una finca donde le nace el dinero???? que poli no fue el brazo ejecutor de cabezas???? que el individuo este tiene una bodega que vale mas de 100 millones de pesetas...etc,etc,lo que estos personajes llevan hacien durante varios años.Es una verguenza que este individuo tenga los huevos de marcharse 4 meses antes y deje a uno bien peor,porque lo de poli lo de corrupto lo lleva en la sangre.Queria puntualizar un dato llamativo y es que,cuando un juez apellidado carvajales,mete a familiares en el ayuntamiento después de ciertas movidas y prefiero no decir mucho mas.Mirad si sois un partido con criterio,objetivo y que quiere lo mejor para su ciudad,por favor machacad a estos ladrones.

Anónimo dijo...

Adeus a Poly Novoa, Adeus a alcaldia para o Pp en Ourense

O bo que ten estar na política, ata ás veces na oposición – a cambio de o teu silencio- , é a cantidade de portas que se che abren para facer os teus negocios privados. O que pasa é que polo xeral son máis hábiles que o tal “Poli” este, e non se poñen eles directamente nas escrituras das súas empresas como accionistas ou administradores, senón que figura algún “home de palla” sen ningunha relación familiar. Tamén, é practica corrente, o intercambiarse os contratos ou actuacións entre os seus concellos ou administracións públicas, é dicir cambio de cromos, de modo que non hai maneira de pillalos, pois legalmente todo é correcto aínda que sexa un segredo a voces. Non hai prevaricación, non hai cohecho, non hai tráfico de influencias, indemostrable por un xuíz . E por iso, aínda que sexa de dominio público, ninguén denuncia, pois é moi difícil de demostralo con papeis na man. Ademais ningunha lei impidelle a ningún político ter empresas, por iso recomendo quen aspire a forrarse coa política siga os meus consellos, e se é posible no caso de querer montar unha empresa cos teus nomes e apelidos, se é que non tes ningún “home de palla “a man, facelo antes de presentarche, justiño cando se están facendo as listas pechadas, ainda estades a tempo.
O tal Poli en concreto debe ser un home espabilado, pero con malos asesores legais.
Quixó facer o mesmo que os seus superiores en Ourense, o urbanita da maioría absoluta e o da boina absolutista, pero os seus xefes foron tan malos que non lle asesoraron como se facían estas cousas.
Neste momento estou a realizar unha tese doctural sobre estes temas e creo que vou a poñer o caso deste señor do Pp como caso paradigmático de delito urbanístico, cohecho, prevaricación, etc, etc.

BALTARIN dijo...

OS PROBLEMAS DE POLI
http://galiciaconfidencial.com/?p=1671

Anónimo dijo...

un concello presenta a concurso pintar un edificio municipal por 30.000 €, presentanse 2 propostas:
-empresario cun custe de 20.000 €.
-inmigrante cun custe de 10.000 €
charla entre o alcalde e o empresario:
-señor alcalde, vostede dame a obra a min, eu subcontrato o inmigrante e repartimos os 20.000 € da diferencia.

Anónimo dijo...

No se lo cree ni el lo de las manos limpias. En cuanto al informe del SECRETARIO O MERCENARIO que es lo que interesa de que tiene las manos limpias en fin.... tenemos lo que merecemos. En cuanto a la honradez y las manos limpias seguro que el Sr. Novoa si tiene o le queda algo de conciencia necesitará sonniferos para poder dormir. Si alguien esta orquestando una "campaña contra su persona" que podría ser....pero no sería más que un hecho más de que lo que no quieras para ti no se lo hagas a nadie.

miki dijo...

estoy de acuerdo, este compró al secretario para que informe favorablemente, pero lo que ha hecho no es normal y está más que claro que se ha enriquecido gracias a estar en el ayuntamiento, y luego va de humilde electricista, hay que joderse, así está el ayuntamiento en la ruina, no me extraña con esta clase de personas, lo peor es que nos están robando a todos los que pagamos los impuestos, que eso si que es jodido.

Anónimo dijo...

http://markonzo.edu http://evlan.org/~ashleyfurniture http://www.rottentomatoes.com/vine/showthread.php?p=17358647 http://www.vampirefreaks.com/ashleyfurniture rendonfor granny http://treadmills.viviti.com/ http://www.webjam.com/ashleyfurniture glencolin correctness http://www.minco.com/community/user/Profile.aspx?UserID=19029 http://socionics.org/user/Profile.aspx?UserID=29451 seater layzer

Anónimo dijo...

1000 facebook likes
buy facebook likes

http://www.modmomsclub.com/content/make-treats-little-less-sweet http://www.msstudentlounge.com/Default.aspx?TabId=60&id=767
get facebook likes get facebook likes buy facebook likes
Hi, i had my laptop about 3 weeks ago and 1 week ago i went to log into my account and after i put my password in and clicked enter it said welcome with the loading icon and just stayed like that. It did this every time i tried to log on. I could start it in safe mode. I just wiped my computer clean and started again with the disk. The same thing happened yesterday. I do not have a virus after doing scans from Mcafee and two other virus scans and they all found nothing. I have restarted my whole computer again and i am desperate to know what happened and how i can stop it from happening Again. My OS is Windows 7. Thanks

1000 facebook likes buy facebook likes [url=http://1000fbfans.info]get facebook likes [/url] buy facebook likes