VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

miércoles, 10 de enero de 2007

POR UN NOVO SEIXALVO

Os socialistas ourensanos apostamos por Seixalvo como unha das zonas sigulares do noso municipio que temos que preservar, ordenar e protexer. Nunca creímos no proxecto-fantasma do PP chamado “Novo Milenio”, que o tandem Cabezas-Nóvoa sacaba da chisteira cada vez que se aproximaban as eleccións. Como casi todos os proxectos "fantásticos" deste duo, o "Novo Milenio" era puro fume. Pero, eso sí, foi a excusa perfecta do PP para especular con Seixalvo e seu entorno, que sufriu unha reclasificación arbitraria e disparatada dos terreos afectados pola pretendida instalación dun campo de fútbol, de xeito que moitos veciños atópanse con fincas da súa propiedade afectadas por catro clasificacións de solo diferentes: solo de protección, solo a expropiar para infraestructuras, solo urbanizable e ata un resto de solo urbano. Un disparate máis do modelo urbanístico especulativo impulsado por Cabezas e seu responsable de urbanismo, Enrique Poly Nóvoa.

No hay comentarios: