VIDEO PRESENTACION

DATOS PERSOAIS

Mi foto
Palmés, Ourense, Spain
Francisco Rodríguez Fernández. Nacín en Ourense o 13 de abril de 1953, no pobo de Palmés. A miña traxectoria laboral céntrase no ensino, concretamente como profesor de Tecnoloxía e director no Instituto Chamoso Lamas de O Carballiño. Polas aulas onde ensinei pasaron numerosos xóvenes, hoxe importantes profesionais, empresarios e universitarios do sector ourensán. A miña profesión, sempre preto da educación, e os problemas das novas xeracións, motivaron a miña inquietude por mellorar a problemática social dos meus veciños, así que pouco a pouco achegueime á política cidadá, fai xa diso máis de vinte anos e parece que foi onte. Comencei pouco a pouco, como quen non quere a cousa, primeiro coma simpatizante dende a base e despois de desenrolar diversos cargos políticos –como Concelleiro e Parlamentario-, a miña implicación levoume a ser o secretario xeral da Agrupación Municipal de Ourense. A miña proposta representa o presente e futuro de Ourense. O meu desexo é encabezar un cambio tranquilo nesta cidade. A miña meta é convertirme no alcalde de Ourense, a miña cidade, á que espero darlle o status que merece a través dos valores da igualdade, da transparencia e do progreso.

sábado, 13 de enero de 2007

OURENSE, REFERENCIA NO EIDO MEDIOAMBIENTAL

A defensa e conservación do patrimonio natural e ambiental constitúe na actualidade o máis importante reto que as sociedades modernas teñen diante de sí para asegurar o futuro. É imprescindible que tódalas administacións, e singularmente as Administracións Locais como “gobernos de proximidade”, impulsen políticas de planeamento urbano, ordenación territorial e desenvolvemento económico, que primen o uso racional dos recursos, a eficiencia enerxética e a protección ambiental, garantindo a sustentabilidade do modelo.

A totalidade do territorio provincial, e tamén o término municipal de Ourense, son unha reserva de recursos ambientais de primeira orde, con tres parques naturais, unha gran extensión de solo protexido da Rede Natura, o futuro Parque Ambiental de Galicia e o Centro de Interpretación de Recursos Naturais que está previsto construir na capital. Así mismo, as nosas augas termais son un recurso estratéxico non só como oferta de ocio e saúde, senón tamén como potencial para á producción de enerxías alternativas.

Todo este potencial da cidade e da provincia, emplázanos ós responsables políticos, ás institucións, ós axentes sociais e ó conxunto dos cidadáns a movilizar tódo-los medios, e por en marcha tóda-las medidas necesarias para facer de Ourense o referente de Galicia no eido ambiental. Tamén é fundamentalmente a nosa Universidade, como centro esencial e insustituible dun necesario e urxente proceso de recuperación e dinamización do noso capital físico e humán, asentado sobre os eixos do coñecemento, da investigación e da formación.

O proxecto do Partido Socialista para Ourense establecerá unha relación fluída e privilexiada do Concello e a nosa Universidade.
O futuro Goberno Municipal socialista da cidade instará as Autoridades Académicas de Galicia a ampliar o Mapa de Titulacións de Universidade Sur, coa creación dunha nova Licenciatura de Ciencias Ambientais no Campus de Ourense, que integre os cursos de grao e de post-grao, conforme ó sistema de créditos, e tódalas disciplinas académicas relacionadas co eido medioambiental.

No hay comentarios: