EDUARDO MADINA ACHEGOUNOS A REALIDADE POLITICA VASCA
Eduardo Madina Muñoz, diputado do PSOE por Vizcaya e víctima da banda terrorista ETA, visitou Ourense para falarnos da realidade política do País Vasco. Diante dun Centro Sociocultural de Caixanova ateigado de xente foi presentado por Laura Seara, secretaria de igualdade do PSdeG-PSOE e amiga de Eduardo Madina. A súa presentación chea de cariño e admiración quedouse curta para o brilante relato dialéctico que iamos a escoitar despois. Foi sen dúbida unha das conferencias políticas máis interesantes e concluintes dos últimos tempos nesta cidade.
O discurso do noso compañeiro Eduardo calou fondo en todos os que alí estabamos, mulleres, xóvenes, maiores,… A súa impecable descripción histórica, económica e política apoiada en paralelismos literarios e en anécdotas persoais fíxonos comprender dun modo fácil algo tan difícil e enrevesado como é o tema político e a orixe do conflicto no País Vasco.
Por outra banda, Eduardo fixo fincapé no uso da razón e non do corazón para a defensa dos ideais políticos, manifestou a necesidade de diálogo e unión de tódalas forzas políticas para acabar co terrorismo nun momento no que o fin da violencia de ETA está moi cerca, e no que a algúns isto é o que máis lles preocupa e utilizan o tema con fins meramente políticos.
Neste momento tan difícil para toda a sociedade española, envolta nun clima de crispación política que pode chegar a desembocar noutras fontes de violencia, é un pracer disfrutar da testemuña dun político que loitou co único argumento da razón polos ideais socialistas, que se enfrontou de cara contra o terrorismo de ETA, que nunca aproveitou o victimismo para que o seu discurso fose máis creible e que ten unha visión moi obxectiva e válida da problemática do conflicto e a súa resolución.
Noraboa Eduardo, agardamos que volvas a Ourense moi pronto.
6 comentarios:
Lembraba esta mañan nun correo que lles mandei os meus amig@s un texto de Ciceron "La verdad se corrompe tanto con la mentira, como con el silencio" e onte Eduardo puxo a verdade no se sitio, sin mentiras e sin silencios. Neste presente político no que estamos a vivir é realmente doado escoitar unha alocución como a de Eduardo, e no meu interior queda un regocixo que me di que ainda hay unha posibilidade para a paz, por moito que alguns irresponsables chamen a tomar as ruas contra o goberno.
Eduardo... únome a ti para decir en voz crara e alta que me sinto moi orgulloso de este goberno por baixar a area e buscar a paz, pois como decía MAHATMA GANDHI: NO HAY CAMINOS PARA LA PAZ; LA PAZ ES EL CAMINO
No meu nome SI
Unha aperta a todos os socialistas de Ourense
Espectacular a conferencia deste tío, habia tempo que non via nada igual, un tío tan xove e que o pasou tan mal, que poida falar con tanta firmeza e teña un discurso tan razoable para este tema.
Xente desta fai falla no partido.
Madina es un tio estupendo,inteligente y con una visión de la vida muy objectiva,es un luchador incansable a favor de los valores de la vida y de la españa plural.Eduardo es ÚNICO,y es SOCIALISTA.
Estoy de acuerdo, este chico es brillante y valiente, hacia tiempo que no veia una conferencia asi que nos dejara el culo pegado al asiento 2 horitas
enhorabuena
que venga mas veces
en 2 palabras IM...PRESIONANTE
Que genio!
Publicar un comentario